Renovar, reciclar, restaurar son tres conceptos que nos levaron a dar forma a este piso urbano no centro Cuntis, un pobo da provincia de Pontevedra.
O problema:
Levaba anos con alugueiros moi baixos debido ao seu estado descoidado e obsoleto. Unhas paredes pasteadas con efecto raiado, os vellos mobles, os chans opacos e sen brillo, unhas vellas xanelas de aluminio que non cumprían a función de illamento e unha decoración que vira pasar polos seus interiores a demasiadas persoas. Xa ninguén quería alugalo.


A obra:
Reformamos o baño integramente, recuperáronse algúns mobles para conseguir investir noutras partidas fundamentais e poder dar un cambio radical a todo o piso. Había que xogar co amor a primeira vista e atraer a clientes potenciais nos portais inmobiliarios ou nas visitas físicas.
Despois de aplicar o home staging emocional reflectido nunha posta en escena chea de detalles, resultou unha vivenda diferenciada da competencia. Como remate final fotografei as escenas para posteriormente publicalas e acelerar o seu alugueiro. Foi un éxito!
· O márketing inmobiliario é unha ferramenta esencial que converte as vivendas en especiais ·
