INTERIORISMO

Nos meus deseños as decisións son tomadas con coidado e esmero co fin de darlle forma a cada interior e poder transmitir emocións.

O meu modo de traballo caracterízase por unha atención personalizada e un trato próximo co cliente para satisfacer as súas necesidades. Cun diálogo continuado e un estudo minucioso, emprego ao máximo a miña formación e a miña experiencia. Sempre tentando que cada proxecto sexa orixinal e actual.

Realizo os meus traballos como interiorista desenvolvendo todas as fases de principio a fin, xestionando desde o proxecto ata a finalización das obras e entrega.

Independentemente do tipo de construción, o proceso de deseño é o mesmo.

Como deseñadora de interiores realizo en cada proxecto as seguintes actividades:

  1. O primeiro paso é determinar os obxectivos do cliente, prazos e orzamento do proxecto.
  2. Tras a investigación, a análise e o estudo dos interiores, crearase uns conceptos de deseño iniciais que son presentados ao cliente para a súa aprobación. Os debuxos do deseño dos espazos existentes son necesarios antes de proceder a realizar calquera traballo.
  3. Se se aproba a proposta, a continuación realizarase a planimetría CAD a escala para comunicar as solucións de deseño realista, buscando sempre elementos diferenciadores. Elabóranse os documentos de construción necesarios coas especificacións detalladas para ilustrar todas as modificacións, as localizacións das instalacións, o deseño de iluminación, os acabados, os materiais e as disposicións do mobiliario.
  4. Preséntase finalmente un proxecto que esboza o concepto de deseño e o custo para realizalo. Especifícase se ademais do deseño procuraranse amoblamentos ou a dirección e xestión de obra, diferenciando os custos ou marxes destes servizos de interiorismo.
interiorismo

Queres contar comigo para o teu proxecto?
Eu estou lista para cumprir o teu soño!