Sobre min

Son Cruz Sande, deseñadora de Interiores desde hai máis de 20 anos, home stager e fotógrafa inmobiliaria.

Son unha persoa comprometida, honesta e emocional. A miña vida vira ao redor da familia, a natureza e os animais. Encántame unir ou reunir a persoas e gardar momentos con elas coma se tratásese de grandes tesouros.

Deseño lugares especiais que equilibran o pasado e o presente, respectando a tradición e adaptándoos a un actual estilo de vida. Sempre poñendo en valor materiais sostibles e reflectindo a pegada da natureza para volver á orixe.

A miña filosofía é soñar, crear e implementar proxectos creativos cos que ter unha vida satisfactoria e plena, unha vida na que a esencia dos espazos sexa a base e o punto de partida para facer realidade calquera dos teus soños.

Os teus desexos son a miña inspiración para que o teu fogar
sexa como un abrazo!

Os meus clientes din

Queres contar comigo para o teu proxecto?
Eu estou lista para cumprir o teu soño!