A pedra, a madeira e os chans de gres rústico, lémbrannos que estamos nunha casa de montaña construída sobre rocas nun enclave con carácter especial. Unhas vistas que miran a unha paisaxe verde característica de Galicia na pequena aldea de Laxos (Cuntis).
A finalidade:
Buscar luz e atopala a pesar de que a vivenda conta con pequenas xanelas. Renovar ambientes para lograr un aire lixeiro, contrarrestando a solidez da pedra. Todo iso aproveitando en todo o posible o mobiliario e obxectos que xa había no fogar.


Os cambios:
A intervención realizouse no salón comedor e no dormitorio principal, uns espazos onde mesturan a decoración clásica e a rústica.
Os complementos convértense nos aliados imprescindibles onde elementos novos conviven con algúns que xa había na casa. Achegamos frescor con fibras naturais, con téxtiles máis claros e actuais, o brillo dos vasos cerámicos, con lámpadas que iluminan e decoran á vez, os cadros con cristal e espellos que proxectan unha claridade moi necesaria e algún mobiliario auxiliar tan actual como funcional.
No dormitorio pintouse a parede nun branco liño para potenciar a cor e a textura da cachotería de pedra vista que dá moito carácter e personalidade á estancia. As paredes do salón comedor han quedado como estaban, pintadas cun bonito binomio de cor pendente dun cambio para seguir na liña do resto do propósito, buscar máis luz.
· Cando me agradecen o traballo e vexo as súas caras de felicidade é o mellor agasallo! ·
