PISO DOS 80

Para promover o alugueiro dun piso antigo en Cuntis (Pontevedra) coa finalidade de atraer a familias que busquen un fogar amplo e ben coidado.

O reto:

O aspecto deteriorado dos seus interiores nunca reformados ao longo destes anos dificultaba moito atopar inquilinos e o seu prezo baixaba cada vez máis. Esta razón foi suficiente para que os propietarios decidisen facer un investimento para reformalo e darlle un aspecto máis contemporáneo. O obxectivo principal era atraer novos clientes que se imaxinasen vivindo nuns espazos actuais, cómodos e acolledores.

Os cambios:

A transformación experimentou un gran cambio grazas en parte á cociña reformada sen obras. Ademais, a substitución das xanelas de madeira por unhas novas de PVC achegaba confort e illamento do exterior. Era imprescindible a mellora dos chans de madeira co lixado dos vernices brillantes da época e a aplicación duns acabados satinados máis modernos. As pinturas de tonalidades neutras, suaves e elegantes deron o toque final ás obras. Algúns mobles de madeira da vivenda conserváronse dándolles unha nova imaxe e completouse a distribución das estancias con mobles e complementos de decoración de baixo custo.

Combínanse as imaxes de modo que poida apreciarse completamente o potencial deste proxecto cun deseño elegante e un inmenso ollo para os detalles. Xogando cun deseño lixeiro, coa luz e coa mestura entre o antigo e o novo, as imaxes logran que os clientes potenciais soñen.

O home staging emocional reflíctese nos detalles e complementos de decoración finais. Ao agregar pequenos toques persoais como pezas de roupa, libros, comida, etc. esperando a ser usados ou consumidos, logro crear un ambiente hogareño e moi acolledor.

· O proxecto foi un éxito, alugándose a mellor prezo e na primeira visita! ·

WhatsApp
Pinterest
Facebook
Twitter
LinkedIn
Telegram

Queres contar conmigo para o teu proxecto?
¡Eu estou lista para cumprir o teu soño!