CASA GALEGA CON SÉCULOS DE HISTORIA

A necesidade dunha rehabilitación dunha casa tradicional galega situada en Cuntis (Pontevedra) para lograr unha maior eficiencia enerxética e unha actualización de espazos en procura encarecida da luz natural.

As necesidades:

A rehabilitación dunha vivenda implica a creación de novos e diferentes espazos desde un punto de vista sostible, adaptados ao actual estilo de vida. Para iso non debemos de deixar de lado a funcionalidade, a accesibilidade e a seguridade estrutural acorde coa contorna, o patrimonio e a tradición.

A execución:

Esta intervención requiría unhas expectativas específicas para mellorar unha maior captación solar, unha maior apertura á paisaxe e incrementar en gran medida un illamento térmico da edificación.

En primeiro lugar procedeuse á demolición total da cuberta para instalar unha nova con materiais actuais e con mellores prestacións en illamento. Abríronse ocos máis grandes no teito instalando unhas ventás maiores e de mellor calidade que os existentes.

Despois das reparacións de tabiques interiores e dos chans existentes de tarima de madeira natural de eucalipto, creáronse uns ambientes acordes coa tradición dunha casa rural galega harmonizando o antigo mobiliario artesanal de castaño vestido e acompañado de elementos que achegan tanto beleza como actualidade.

Unha casa que cos seus muros tradicionais de pedra achega e conserva un gran valor cultural cunha distribución interior tradicional ligada a espazos con moita máis funcionalidade e practicidad.

· A esencia dos espazos tradicionais albergará o necesario para que a nosa cultura perdure no tempo ·

WhatsApp
Pinterest
Facebook
Twitter
LinkedIn
Telegram

Queres contar conmigo para o teu proxecto?
¡Eu estou lista para cumprir o teu soño!