CASA DE ÉPOCA

Unha fachada dunha antiga casa de labranza do século XVIII situada en Cuntis (Pontevedra) coroada cunha gran escaleira do ano 1949 que representa a evolución das estruturas de formigón armado na postguerra.

O estudio:

Preséntasenos a necesidade de substituír na súa totalidade a vella escaleira pertencente a uns anos onde a arquitectura tiña desexos de actualidade cos medios precarios neses anos para a construción de vivendas económicas. Unha escaleira que substitúe neses anos á orixinal construída á vez que a antiga vivenda e que presenta actualmente unha estrutura danada na súa totalidade polo paso dos anos e polas dilatacións dos ferros que dificilmente a sustentan.

O deseño:

A pesar de ter claro que “a pedra do país”, como se chama en Galicia á pedra típica das súas canteiras, ía ser o material de reconstrución da nova escaleira, era necesario definir o deseño de todos os elementos construtivos. Para iso, foi imprescindible facer un estudo da construción das casas daquela época chegando á conclusión de que a balaustrada e as ménsulas simularían ás dos casaróns e pazos da mesma zona pertencentes á época.

A demolición total da estrutura faise imprescindible para comezar a plasmar na realidade o proxecto da nova construción. Inicialmente fórxase unha robusta estrutura con formigón armado que nace no chan e apóiase sobre os antigos piares para ser rematada e culminada cun traballo excepcional de cantería.

·O estudo e o pensamento profundo previo a un proxecto son imprescindibles antes de pasar á acción ·

WhatsApp
Pinterest
Facebook
Twitter
LinkedIn
Telegram

Queres contar conmigo para o teu proxecto?
¡Eu estou lista para cumprir o teu soño!