Un cuarto de baño sen luz natural dun piso reformado fai máis de vinte anos nun céntrico piso da capital galega, Santiago de Compostela.
O problema:
As filtracións de auga a través das xuntas da zona de ducha, estaban a ocasionar danos no tabique do corredor, no armario dun dormitorio e na tarima de madeira do chan.


A reforma:
Unha demolición de alicatado de azulexo e pavimento, con medios manuais, co picado do material de agarre adherido ao soporte foi imprescindible. O desmonte de todos os aparellos sanitarios, vidros, mobiliario e tabiquería interior de separación de zonas realízase con anterioridade.
A reforma iníciase impermeabilizando totalmente a zona de ducha para evitar novas fugas de auga. Colocouse porcelánico en paredes e chan, prescindindo das divisións de obra, existentes antes da reforma. A fontanería tamén é substituída por novos materiais, facendo cambios de localización nalgunhas tomas. Instálase un novo prato de ducha cun cristal oscilante a interior e exterior, gañando moita amplitude no espazo.
O moble de madeira maciza de iroco adáptase en altura á colocación dun novo lavabo de superficie que proporciona carácter e actualidade ao novo cuarto de baño. O espello de tamaño XL (agranda o espazo), o radiador, o inodoro e o monomando do lavabo, non se cambian debido ao bo estado, o axuste de orzamento e por suposto, para xerar menos impacto ambiental.
· Solucionar un problema apostando pola reciclaxe levounos a un espazo que une estética e funcionalidade ·
