HOME STAGING

O Home Staging é unha ferramenta fundamental se queres obter mellores resultados na venda ou alugueiro do teu inmoble. En ningunha vivenda a prezo de mercado na que se realizou unha intervención de Home Staging baixou de valor.

Segundo a AHSE (Asociación de Home Staging en España), con Home Staging conséguese vender unha vivenda 8 veces máis rápido e unha vivenda alúgase 12,5 veces máis rápido; necesitando de media, só 9 días e medio para ser alugada.

O Home Staging consegue que as vivendas luzan impecables, confortables e acolledoras, namorando aos posibles compradores ou inquilinos.

· O obxectivo común é provocar unha venda máis rápida sen baixar o seu prezo ·

PISOS PILOTO Ou
VIVENDAS BALEIRAS

VIVENDAS AMOBLADAS

ASESORAMENTO EN LIÑA

O HOME STAGING é un conxunto de TÉCNICAS DE MARKETING INMOBILIARIO, unha ferramenta publicitaria e comercial. Está baseada nun proxecto estratéxico onde se potencian as calidades da vivenda, convencendo e namorando aos posibles compradores ou inquilinos. Tras aplicar técnicas de Home Staging, as vivendas locen impecables, confortables e acolledoras, destacando entre a oferta existente e competente.

Estas técnicas baséanse en unha decoración neutral e harmónica. A súa finalidade é gustar ao maior número de persoas posible sen importar os seus gustos, sexo, idade, etc. e que poidan imaxinarse vivir na casa desde os primeiros minutos da visita.

Home Staging significa literalmente «posta en escena da casa». Estas técnicas foron desenvoltas nos Estados Unidos fai uns trinta anos e están a ser aplicadas agora en Europa en países como Reino Unido, Holanda, Suecia ou Francia.

Mellórase a calidade de cada espazo do inmoble a baixo custo, resaltando os puntos fortes e minimizando os puntos débiles, a través da estética.

As accións de mellora son:

  • Visitar o inmoble para valoración xeral.
  • Ordenar, despexar, limpar e despersonalizar o inmoble.
  • Reparar o que non funciona.
  • Iluminar mellor a vivenda.
  • Decorar o fogar de maneira neutra, harmónica, acolledora e atractiva.
  • Facer as medicións correspondentes para o plano de distribución.
  • Facer e revelar dixitalmente fotografías profesionais da vivenda para lanzala ao mercado inmobiliario e incrementar o seu interese.
  • Retirada do material en propiedade tras o tempo pactado.

Nun contexto de crise económica e inmobiliaria, apareceu a necesidade de diferenciarse e sacar o máximo potencial a bens inmobiliarios antes de poñelos no mercado. Investir co fin de preparar a vivenda para a súa posta en venda ou en alugueiro é cada vez máis necesario.

Os compradores volvéronse máis esixentes e os vendedores, profesionais ou particulares, déronse conta da importancia de presentar un produto impecable e atractivo para destacalo entre a oferta existente. As vivendas que non están en perfecto estado son, moi a miúdo, obxecto de negociacións de prezo importantes.

Grazas ao Home Staging os inmobles véndense ou alugan rápido e ao mellor prezo, obtendo unha maior rendibilidade.

Beneficios que achega:

  • Más visitas ao inmoble.
  • Axuda a pechar operacións a o mellor prezo.
  • Axuda a conseguir vendas en exclusiva.
  • Achega a profesionalización do sector.
  • Mellora a imaxe de marca e a competitividade da empresa inmobiliaria.
  • Permite cobrar honorarios máis altos á empresa inmobiliaria que o xestiona.
  • É unha fonte de ingresos extra para a axencia que o executa.

O Home Staging diríxese a todo tipo de vivendas que se ofertan en venda ou alugueiro, tanto de segunda man como novas. O fin é aumentar as oportunidades de atopar un interesado rápido e obter o máximo beneficio.

Estes servizos diríxense a:

  • Inmobiliarias, investidores ou propietarios que queren vender ou alugar de forma permanente ou vacacional. Inclúe turismo rural, pensións, hostais ou pequenos hoteis.
  • Promotores que desexan presentar un piso piloto a baixo custo.
  • Bancos con inmobles á venda.
  • Calquera requirimento de proxecto de deseño interior.

Queres contar conmigo para o teu proyecto?
Eu estou lista para cumprir o teu soño!