· A miña profesión é a miña maior vocación ·

SOBRE MIN
Son Cruz Sande, deseñadora de interiores, decoradora home stager e fotógrafa de interiores.
Durante anos adiqueime ao Deseño de Interiores en proxectos de todo tipo co seguemento e coordinación das obras correspondentes para a súa execución.
A crise da contrución e as miñas inquedanzas fixeron que me replantexara novas metas na miña profesión variando algo a folla de ruta. Despois de valorar novos hourizontes, decateime de que o meu camiño continúa no mundo da decoración de interiores. A miña verdadeira paixón.
Casualmente coñecín o concepto da Decoración Home Staging. Estas técnicas espertaron en min novas inquedanzas de cambio e decidín especializarme nelas formándome en “La Home Staging School” de Anna García.
Actualmente compaxino os meus proxectos de Decoración Home Staging en todo tipo de vivendas con proxectos de Diseño de Interiores.
Nos meus servizos trato de poder atender aos meus clientes dunha forma personalizada, xa que cada cliente e cada espazo é diferente. Desfruto dos meus proxectos con ilusión, empeño e esforzo tratando de crear uns espazos interiores amables e armónicos.
Espero poder axudarche.