PISO DOS 80
O RETO:
O aspecto deteriorado dos seus interiores nunca reformados ao longo destes anos dificultaba moito atopar inquiliños e o seu prezo baixaba cada vez máis. Esta razón foi suficiente para que os propietarios decidisen facer un investimento para reformalo e darlle un aspecto máis contemporáneo. O obxectivo principal era atraer novos clientes que se imaxinasen vivindo nuns espazos actuais, cómodos e acolledores.
A OBRA:
As obras consistiron na reforma integral de dúas das estancias máis importantes nunha vivenda que son o baño e a cociña. Ademais, a substitución das xanelas de madeira por unhas novas de pvc achegaba confort e illamento do exterior. Era imprescindible a mellora dos chans de madeira co lixado dos vernices brillantes da época e a aplicación duns acabados satinados máis modernos. As pinturas de tonalidades neutras, suaves e elegantes deron o toque final ás obras.
Algúns mobles de madeira da vivenda conserváronse dándolles unha nova imaxe e completouse a distribución das estancias con mobles e complementos de decoración de baixo custo. Combínanse as imaxes de modo que poida apreciarse completamente o potencial deste proxecto cun deseño elegante e un inmenso ollo para os detalles. Xogando cun deseño lixeiro, coa luz e coa mestura entre o antigüo e o novo, as imaxes logran que os clientes potenciais soñen.
O home staging emocional reflíctese nos detalles e complementos de decoración finais. Ao agregar pequenos toques persoais como pezas de roupa, libros, comida, etc. esperando a ser usados ou consumidos, logro crear un ambiente hogareño e moi acolledor.