· O home staging emocional facilita que o comprador visualice a propiedade como o seu futuro fogar ·

HOME STAGING EMOCIONAL
dende 120 €
O método do Home Staging Emocional consiste en traballar a estética e o estilismo para as fotografías. A maxia deste tipo de decoración baséase en conseguir evocar unha vida feliz na vivenda e diferenciala da competencia.
A clave para motivar os sentidos do comprador está en aplicar a técnica do neuromarketing que consiste en buscar a emoción do cliente para que xorda o frechazo e xere o desexo de compra ou aluguer. Para iso creamos historias en diferentes partes da casa recreando momentos de descanso e pracer.
A mellor maneira de seducir ao consumidor é traballar ben os pequenos detalles cunha composición armónica en cada escea e que cada fotografía provoque un desexo de visita á vivenda.
As fotografías que conseguen espertar emocións positivas nos clientes, atraen máis visitas.