FOTOGRAFÍA INMOBILIARIA
O resultado final dun proxecto de Home Staging verase plasmado na REPORTAXE FOTOGRÁFICA PROFESIONAL de alta calidade que se ofrecerá ao cliente. Unha vez subidas as imaxes á web, crecerán as visitas nos diferentes portais potenciando a súa comercialización e, polo tanto, aumentando as posibilidades de venda ou aluguer.
Se es axente inmobiliario, cunhas fotografías de calidade, potenciarás a comercialización da túa carteira de inmobles en venda ou aluguer.
Beneficios de publicar unha boa reportaxe fotográfica:
- Mellora a imaxe da vivenda e apórtalle maior calidade.
- Esperta interese nos clientes, obtendo máis visitas nas redes e máis visitas físicas aos inmobles.
- Mellora a competitividade e a marca da túa empresa inmobiliaria.
· As boas imaxes melloran a efectividade da publicidade inmobiliaria ·
