DESEÑO DE INTERIORES
Nos meus deseños as decisións son tomadas con coidado e esmero coa fin de darlle forma a cada interior e poder transmitir emocións.
O meu modo de traballo caracterízase por unha atención personalizada e un trato cercano co cliente para satisfacer as súas necesidades. Cun diálogo continuado e un estudo minucioso, empleo ao máximo a miña formación e a miña experiencia. Sempre intentando que cada proxecto sexa orixinal e actual.
Realizo os meus traballos como interiorista desenvolvendo todas as fases de principio a fin, xestionando desde o proxecto ata a finalización das obras e entrega.
Independientemente do tipo de construcción, o proceso de deseño é o mesmo.
Como deseñadora de interiores, realizo en cada proxecto as seguintes actividades:
- O primeiro paso é determinar os obxectivos do cliente, prazos e presuposto do proxecto.
- Tras a investigación, a análise e o estudo dos interiores, crearanse uns conceptos de deseño iniciais que son presentados ao cliente para a súa aprobación. Os debuxos do deseño dos espazos existentes son necesarios antes de proceder a realizar calquera traballo.
- Se se aproba a proposta, a continuación realizarase a planimetría CAD a escala para comunicar as solucións de deseño realista, buscando sempre elementos diferenciadores. Elabóranse os documentos de construcción necesarios coas especificacións detalladas para ilustrar todas as modificacións, as localizacións das instalacións, o deseño de iluminación, os acabados, os materiais e as disposicións do mobiliario.
- Preséntase finalmente un proxecto que esboza o concepto de deseño e o custo para realizalo. Especifícase se ademais do deseño se procurarán amoblamentos ou a dirección e xestión de obra, diferenciando os custos ou marxes destes servizos.
