
ASESORAMENTO ONLINE
dende 180 €
Este servizo consiste na análise do estado actual das fotografías que realices e remitas á miña dirección de correo electrónico. Enviareiche por escrito a proposta de Home Staging coas modificacións necesarias para crear unha posta en escea.
Ti encargaraste persoalmente da actuación de Home Staging, pero contarás co asesoramento necesario para conseguir unha boa primeira impresión da túa vivenda ao menor custo posible.
O servizo inclúe:
- Recepción de fotografías.
- Clasificación e análise de fotografías.
- Asesoramento online das modificacións.